Logo Comdix
galego - castellano
  • Que é ComDix?
  • Demo da proba
  • Proba de certificación
    • Normas xerais
galego - castellano

Certificación Galega de Competencias Dixitais Logo Comdix


  • Que é ComDix?
  • Demo da proba
  • Proba de certificación
    • Normas xerais
  • breadcrumb.inicial
  • A proba de certificación
  • Normas xerais para a proba de certificación

Normas xerais para a proba de certificación

A proba de certificación

  • Requisito de acceso: ter mínimo de 16 anos de idade.
  • Está dispoñible tanto en galego como en castelán, de xeito que a persoa usuaria poderá seleccionar o idioma no momento de realizar a proba.
  • Consiste nun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diferente complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco Galego ComDix.
    • Tipoloxía de preguntas: pregunta simple, múltiple, arrastrar, relacionar…
    • Non haberá penalización polas preguntas incorrectas.
    • Para a proba disporase dun tempo máximo de 90 minutos. A interface amosará en pantalla o tempo de exame restante. Se algunha persoa candidata non acabase a proba no tempo establecido, esta será entregada automaticamente para a súa corrección.
  • Considerarase apta aquela persoa que supere o 70% das preguntas totais. Ademais, débese superar o 60% das preguntas referentes a cada unha das 5 áreas nas probas para a certificación de nivel iniciación e intermedio.
  • Unha vez que cada persoa candidata finalice a súa proba poderá coñecer a puntuación da mesma, o seu resultado (apto/a ou non apto/a) e coñecer as preguntas erradas.
  • Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos nin de ningún material adicional durante o desenvolvemento das probas de certificación.
  • As persoas con discapacidade legalmente recoñecida poden pedir, na solicitude de inscrición, a adaptación ou adecuación do tempo e dos medios materiais necesarios para a realización da proba.

Correccións e reclamacións

As persoas que estean en desacordo co resultado obtido na proba, poderán reclamar, no momento de visualizar os resultados, empregando o formulario dispoñible para tal efecto. Esta reclamación poderá ser por pregunta fallada ou xeral. A información sobre o proceso, así como a súa resolución, srán remitidas por correo electrónico.

Ao saír da contorna da proba, non hai opción de visualizar as preguntas erróneas nin de realizar unha reclamación.

Non asistencia á proba

Se non se acode á proba por algún motivo, a persoa usuaria consumirá esa convocatoria.

Se o motivo da non presentación fose xustificado, deberá enviar o xustificante correspondente a competencias-dixitais@xunta.gal. 

Consideraranse causas xustificadas: accidente, hospitalización, nacemento ou adopción, morte dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou primeiro de afinidade, obrigacións de carácter público ineludibles e outras que presenten igual carácter excepcional.

A persoa usuaria non poderá inscribirse nunha nova proba nun prazo de doce meses no caso de non presentación á proba sen xustificación ou dun incumprimento grave das normas, independentemente do tipo de certificación. Considéranse incumprimento grave das normas:

  • Uso de material de estudo, acceso a páxinas web non permitidas ou utilización doutros recursos que supoñan unha axuda non permitida á hora de responder as preguntas da proba.
  • Anotación ou captación das preguntas da proba que poidan filtrarse posteriormente a outras persoas.
  • Calquera comportamento sospeitoso que supoña un intento de copia ou fraude identificado pola persoa coidadora da proba.
  • ComDix en Facebook
  • ComDix en Twitter
  • ComDix en YouTube
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia
  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal
  • ComDix Este sitio web emprega cookies

    Empregamos cookies propias e de terceiros para recoller estatísticas sobre o uso do sitio web, mellorar a experiencia de usuario e medir a eficacia da nosa publicidade. Poder configurar ou rexeitar as cookies premendo en "Configurar". Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.

    TuCertiCyL Configuración de cookies

    Este sitio web almacena no teu navegador tres tipos de cookies. Podes axustar as túas preferencias en calquera momento. Se queres máis información sobre que cookies son e como se recollen, por favor, lee a nosa política de cookies.

    Non se poden desactivar, son esenciais para asegurar o funcionamento do sitio web e que as túas preferencias sexan gardadas.

    Permítennos recoller estatísticas sobre o uso do sitio web e mellorar a experiencia de usuario.

    Permítennos medir a eficacia da nosa publicidade. Ademais, este sitio web contén contido aloxado en plataformas de terceiros que fan uso das súas cookies conforme a súa política de cookies.