Logo Comdix
galego - castellano
  • Que é ComDix?
  • Demo da proba
  • Proba de certificación
    • Normas xerais
galego - castellano

Certificación Galega de Competencias Dixitais Logo Comdix


  • Que é ComDix?
  • Demo da proba
  • Proba de certificación
    • Normas xerais
  • breadcrumb.inicial
  • Que é a certificación ComDix?

Que é a certificación ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional. Esta certificación ten como referente o Marco galego de competencias dixitais, alienado co Marco europeo DigComp na súa versión 2.2.

Para que?

Servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o noso nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais coa dobre finalidade de:

  • motivar á cidadanía na aprendizaxe e manexo das TIC mediante a obtención dun certificado que acredite os seus coñecementos e mellore a súa empregabilidade; 
  • facilitarlles ás entidades públicas e privadas provedoras de emprego (empresas, administracións públicas, etc.) dun mecanismo para poder avaliar obxectivamente as competencias dixitais das persoas que se incorporen ás súas organizacións.

Para quen?

Calquera persoa maior de 16 anos.

Como certificarse como cidadán en ComDix?

A través da Rede CeMIT Competencias dixitais Rede CeMIT

 

Máis sobre o Marco galego de competencias dixitais:

O Marco galego de competencias dixitais determina os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para contribuír ao desenvolvemento dunha sociedade usuaria de servizos dixitais avanzados, mellora profesional e benestar colectivo; así pois pódese tomar como unha referencia inspiradora para múltiples definicións e usos prácticos en ámbitos profesionais e formativos, en recursos humanos, en ámbitos institucionais ou de recoñecemento non formal.

Asemade o Marco establece o que é ser dixitalmente competente, especificando 5 áreas de dominio (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e resolución de problemas) e as 21 competencias que cómpre adquirir para poder desenvolvernos na contorna dixital; tamén establece 4 niveis de aptitude para cada unha desas competencias (Iniciación, Intermedio, Avanzado e Especializado), de xeito que se configura un modelo de adquisición gradual que ten en conta as necesidades persoais, sociais e profesionais das persoas.

Máis información en: Competencias dixitais
Preguntas freqüentes: Competencias dixitais - FAQ

 

 

  • ComDix en Facebook
  • ComDix en Twitter
  • ComDix en YouTube
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia
  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal
  • ComDix Este sitio web emprega cookies

    Empregamos cookies propias e de terceiros para recoller estatísticas sobre o uso do sitio web, mellorar a experiencia de usuario e medir a eficacia da nosa publicidade. Poder configurar ou rexeitar as cookies premendo en "Configurar". Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.

    TuCertiCyL Configuración de cookies

    Este sitio web almacena no teu navegador tres tipos de cookies. Podes axustar as túas preferencias en calquera momento. Se queres máis información sobre que cookies son e como se recollen, por favor, lee a nosa política de cookies.

    Non se poden desactivar, son esenciais para asegurar o funcionamento do sitio web e que as túas preferencias sexan gardadas.

    Permítennos recoller estatísticas sobre o uso do sitio web e mellorar a experiencia de usuario.

    Permítennos medir a eficacia da nosa publicidade. Ademais, este sitio web contén contido aloxado en plataformas de terceiros que fan uso das súas cookies conforme a súa política de cookies.