Logo Comdix
galego - castellano
  • Que é ComDix?
  • Demo da proba
  • Proba de certificación
    • Normas xerais
galego - castellano

Certificación Galega de Competencias Dixitais Logo Comdix


  • Que é ComDix?
  • Demo da proba
  • Proba de certificación
    • Normas xerais
  • breadcrumb.inicial
  • A proba de certificación

A proba de certificación

O Marco galego de competencias dixitais recolle a certificación como o mecanismo idóneo para medir, de forma obxectiva, o nivel de competencias dixitais.

A posible obtención dun certificado oficial é unha motivación para as persoas que participan nos diferentes plans formativos e un lugar onde poñer en práctica os coñecementos, habilidades e actitudes adquiridas para seren persoas capacitadas dixitalmente.

A proba de certificación.

A proba de certificación é unha das vías existentes para a obtención da certificación ComDix; esta consiste na superación dunha proba única que permite acreditar que unha persoa ten os coñecementos e habilidades propios do nivel de certificación ao que se presenta.

A proba de certificación para a obtención de ComDix, tanto para nivel iniciación como intermedio, comprende o contido das 21 competencias das 5 áreas de dominio. Para o nivel avanzado e especializado está recollida a opción de certificación por áreas de dominio de forma independente.

Paso a paso o día da proba.

  1. Acceso á plataforma o día da proba. Para acceder á plataforma, o día da proba, cómpre dispoñer dun usuario (número de DNI) e un contrasinal facilitado polo persoal supervisor da proba.
  2. Xerar a proba de certificación. Para xerar unha proba de certificación será necesario activar a convocatoria cun PIN, facilitado tamén pola persoa supervisora da aula.
  3. Pasos antes da primeira pregunta. A proba consiste nun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diferente complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco galego de Competencias dixitais, onde se definen os descritores de avaliación para cada competencia.

    No momento da realización da proba, a persoa aspirante pode elixir o idioma desta: galego ou castelán.

    As principais características da proba de certificación son as seguintes:

    1. Establécese un tempo máximo de 90 minutos para a súa realización, transcorrido o cal recíbese unha mensaxe de finalización de tempo e, por tanto, finalización da proba.
    2. En pantalla amósase en todo momento o tempo que resta para a finalización da proba.
    3. A tipoloxía de preguntas é variada: resposta simple, múltiple, arrastrar e soltar, relacionar...
    4. As preguntas que se contesten de forma errónea non restan puntos.
    5. Para que unha proba sexa considerada apta será preciso superar o 70% das preguntas totais e o 60% das preguntas referentes a cada unha das cinco áreas (isto último para niveis iniciación e intermedio).
    6. Durante toda a proba hai dispoñible o botón de Mostrar axuda onde se definen as pautas de como responder a pregunta segundo a tipoloxía.

 

Consellos prácticos para superar con éxito a proba de certificación.

  • ComDix en Facebook
  • ComDix en Twitter
  • ComDix en YouTube
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia
  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal
  • ComDix Este sitio web emprega cookies

    Empregamos cookies propias e de terceiros para recoller estatísticas sobre o uso do sitio web, mellorar a experiencia de usuario e medir a eficacia da nosa publicidade. Poder configurar ou rexeitar as cookies premendo en "Configurar". Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.

    TuCertiCyL Configuración de cookies

    Este sitio web almacena no teu navegador tres tipos de cookies. Podes axustar as túas preferencias en calquera momento. Se queres máis información sobre que cookies son e como se recollen, por favor, lee a nosa política de cookies.

    Non se poden desactivar, son esenciais para asegurar o funcionamento do sitio web e que as túas preferencias sexan gardadas.

    Permítennos recoller estatísticas sobre o uso do sitio web e mellorar a experiencia de usuario.

    Permítennos medir a eficacia da nosa publicidade. Ademais, este sitio web contén contido aloxado en plataformas de terceiros que fan uso das súas cookies conforme a súa política de cookies.